Darreres novetats d'Arnau Gonzàlez i Vilalta (per a més informació veure currículum)

De com es guanyen els vots. Joan Estelrich i la circumscripció de Girona durant la II República, Palma de Mallorca, Lleonard Muntaner, 2010, 172 p., 14 €

Lluís Companys. Un home de govern, Barcelona, Editorial Base, 2009, 168 p., 14 €

La cruïlla andorrana de 1933. La revolució de la modernitat, Valls, Cossetània Edicions-Fundació Julià Reig, 2009, 239 p., 17 €

Cataluña bajo vigilancia. El Consulado italiano y el Fascio de Barcelona (1930-1943), València, Publicacions de la Universitat de València, 2009, 375 p., 23 €

Els diputats catalans a les Corts republicanes (1933-1939), Pub. Abadia de Montserrat, Barcelona, 2009, 384 pp. 29 €

LLIBRES DE PROPERA APARICIÓ (ENTENENT PROPERA AMB CERTA MODERACIÓ)

Les Joventuts d'Esquerra Republicana-Estat Català (1931-1952) i les Joventuts d'Esquerra Republicana de Catalunya (1973-2008), Barcelona, Fundació Josep Irla, 307 p., 2010.

La utopia és el camí. Ramon Sugranyes de Franch i Carles E. Mascarenyes (1936-1940), 483 p., Acontravent, 2010.

Contra Companys, 1936. La frustración nacionalista ante la revolución, (Diversos Autors), dir. juntament amb E. Ucelay-Da Cal, 391 p., València, Publicacions de la Universitat de València, 2010.

ÚLTIMS ARTICLES PUBLICATS

- ‘Epistolari mallorquí entre Francesc Cambó i Joan Estelrich’, Randa, n. 59, Curial, 2007, pp. 165-183.
- ‘La propaganda fascista italiana en Barcelona (1934-1936)’, Historia y Política, n. 18, juliol-desembre 2007, pp. 255-272.
- ‘Esquerra Republicana de Catalunya al Vallès Oriental (1931-1936): implantació territorial, militància i resultats electorals’, Ponències 2007, Centre d’Estudis de Granollers, pp. 11-49.
- 'Catalunya vista per la diplomàcia feixista italiana (1930-1943)'(en xarxa), Atti del IX Congresso internazionale (Venezia, 14-16 febbraio 2008), La Catalogna in Europa, l’Europa in Catalogna. Transiti, passaggi, traduzioni (Associazione italiana di studi catalani)
- ‘Miquel Badia i Capell: documentació sobre el seu pas per Andorra (gener-febrer 1936)’, (en xarxa)Papers de Recerca Històrica, n. 5, 2008, Societat Andorrana de Ciències, pp. 118-135.
- ‘Aportació documental: andorrans evacuats pel Consolat francès de Barcelona durant la Guerra Civil Espanyola (1936-1938)’, Papers de Recerca Històrica, n. 5, 2008, Societat Andorrana de Ciències, pp. 171-173.
- ‘Epistolari d’exili i guerra Ramon Sugranyes de Franch-Joan Estelrich (1936-1937): debat sobre el paper del catalanisme conservador’, Afers, n. 60, 2008, (pp. 455-475)
-'España no está en guerra': consideracions italianes sobre la censura de premsa espanyola (agost 1943)', juntament amb Gisela Bou, comunicació a les II jornades d'Història de la Premsa d'octubre 2007, publicat al volum 'Poder polític i resitència periodística', Barcelona, Generalitat de Catalunya, 2009, pp. 316-330

Projectes en curs (període previst de realització)

- 'Ángel Ossorio y Gallardo y sus artículos', 2011.

-'La idea de Països Catalans al segle XX (1900-1992)', 2009-2012.

- 'Catalogna-Catalogne-Catalunya: un país explicat pels Consolats d'Itàlia i França a Barcelona (1922-1946)', 2010-2011

RESSENYES, COMENTARIS DE LLIBRES I ALTRES

Darreres lectures

dilluns, d’agost 18, 2008

Manifest Galeusca d'historiadors (juliol 2008)


Reprodueixo aquí un manifest (en gallec) aparegut fa poques setmanes. Per a més notícies sobre aquesta qüestió veure l'article del Triangle, del blog gallec Vieiros o Europa Press. Per altra banda, per al Galeusca d'escriptors.



Os historiadores do Galeusca únense fronte ás tentativas de "uniformización" (juliol 2008)


Unha iniciativa xurdida tamén para a "firme defensa" das respectivas culturas e linguas, en favor da súa "plena normalización" fronte aos ataques que sofren nos últimos tempos.

Desde hai meses diversos historiadores galegos, vascos e cataláns estiveron a traballar de cara a conformar un Galeusca que lembrara a vella unión tripartita 'Galeuzca'.Diversas xestións, contactos e reunións deron lugar a un encontro que, para alén dun manifesto, pretende ir máis lonxe. Contodo, o punto de partida é o documento que asinan nun inicio máis de trinta investigadores e docentes de Historia dos tres países.O manifesto completo:Hai 85 anos Galiza, Euskal Herria e Cataluña eran tres realidades puxantes que camiñaban firme en favor da reivindicación da súas respectivas realidades. O medre de consciencia nacional nestes tres países fixo que en clave autodeterminista se manifestaran a través de diversas experiencias e desenvolveran con normalidade até o golpe militar reaccionario de 1936. Unha realidade que se encadraba na procura de cotas de benestar social e dignidade colectiva a atinxir nos nosos respectivos países. Nesta orde de cousas, as historiadoras e historiadores que asinamos o presente manifesto marcámonos a firme vontade de contribuírmos ao achegamento das culturas e sociedades galega, vasca e catalá, a través do recíproco coñecemento do seu respectivo pasado e a súa traxectoria cultural; necesario de cara a procurar solucións a problemas comúns. As historiadoras e historiadores galegos, vascos e cataláns abaixo asinantes, investigadores e docentes vencellados a diversas institucións de recoñecida traxectoria, -Afirmamos a nosa vontade de resgatar o espírito da Tripla Alianza de 1923, o Galeuzca de 1933 e os posteriores proxectos galeuzcanos no exilio desenvolvidos entre o 1941-46 e 1958-59, interpretados en chave inequivocamente progresista á luz das correntes de progreso social do noso tempo, así como de proxectar exteriormente a historia destes tres países nunha Europa en construción nun mundo cada vez máis globalizado. -Reafirmámonos na firme defensa das nosas respectivas culturas e linguas, procurando a súa plena normalización fronte ao ataque que estas están a sufrir por parte de sectores antidemocráticos do noso entorno social. -Esiximos desde Galiza, Euskadi e Catalunya o respecto necesario para o ensino galego, vasco e catalán, respectivamente, onde como en calquera sociedade normalizada a historia ocupe un lugar fundamental para sabermos explicar o presente e camiñarmos atinadamente cara o futuro. Así mesmo, denunciamos o recorte horario que no campo educativo está a se dar de aulas de historia, parello a unha unidireccionalidade currricular. -Denunciamos a tentativa de uniformización que se promove a instancias do aparello estatal español, coa complicidade de determinados entornos culturais en clave españolista, na que unha visión elitista da historia borra todo testemuño obreiro, republicano e popular do noso pasado. -Marcámonos o firme propósito de eliminar nos nosos territorios calquera presenza, por mínima que esta for, de simboloxía fascista e fascistizante, traballando a prol da democracia participativa e da recuperación da memoria histórica democrática. -Denunciamos a persecución que padecen investigadores por desenvolveren o seu labor profesional, desde o máis absoluto rigor. Así, pois, combateremos conxuntamente calquera ataque que se puider dar nesta liña. Por último, facemos un chamado a todos os profesionais da Historia a que aprofunden no coñecemento do noso pretérito e asuman unha función social activa en favor da normalización dos nosos respectivos países. Primeiros asinantes: -Fernando Acuña Castroviejo, catedrático de Arqueoloxía da USC -Bieito Alonso, profesor de Historia e membro do Consello da Memoria-Pere Anguera, Catedrático de Historia Contemporanea da Universitat Rovira i Virgili-David Agustí, investigador e profesor de Historia -Beleren Bakaikoa, investigador e profesor de Historia do Dereito da EHU-Xusto Beramendi González, catedrático de Historia Contemporánea da USC -Jordi Casassas Ymbert, profesor da UB -José Manuel Castells, investigador e profesor de Historia do dereito da EHU -Josu Chueca, contemporaneísta e docente da EHU -Manuel Costa-Pau, investigador e editor -Uxío-Breogán Diéguez, director do CEDAB e membro do Consello da Memoria -Xavier Díez, investigador e xornalista-Xosé Estévez, modernista e contemporaneísta, profesor da UD -Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da USC -Josep Maria Figueres, historiador e profesor da UAB -Josep Fontana, Catedrático de Historia da UPF-Antoni Furió, director de publicacións da UV-Pere Gabriel, catedrático de Historia Contemporánea da UAB-Xoán Carlos Garrido Couceiro, investigador e membro do Consello da Memoria -Antoni Gavaldà Torrents, profesor de Historia Contemporánea da URV -Jon Gurutz Olaskoaga, investigador e profesor de Historia do dereito da EHU -Francisco Letamendia, contemporaneísta e profesor da EHU -Anselmo López Carreira, medievalista e catedrático de Historia -Xosé Antonio López Teixeira, medievalista e docente de Xeografía e Historia-Jose Mari Lorenzo, contemporaneísta e profesor da UD -Bernardo Máiz, investigador e catedrático de Historia -Jordi Oliva, investigador, activo do Centre d'Història Contemporània-José Luis Orella Unzué, medievalista e modernista, profesor da UD -Dionísio Pereira, investigador e membro do Consello da Memoria-Manuel Perez Nespereira, investigador, Grup d'Estudi d'Històira de la Cultura i dels intel.lectuals, UB-Héitor Picallo Fuentes, investigador -Enric Pujol, investigador e profesor de UAB -Hilari Raguer, historiador e monxe de Montserrat -Francisco Xavier Redondo Abal, investigador-Francesc Roca, economista e historiador -Fermí Rubiralta, investigador e docente de Historia -Marcos Seixo Pastor, investigador e docente de Historia -Felipe-Senén López, Arqueólogo e Museólogo-Antoni Simon i Tarrés, Catedrático de Historia da UAB-Jaume Sobrequés i Callicó, Catedrático de Historia de Catalunya da UAB -Antonio Somoza Cayado, investigador do Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”-Virginia Tamayo, investigadora e profesora da Historia do Dereito da EHU -Lluís Ferrán Toledano González, profesor de Història Contemporánea da UAB -Josep María Torras Ribé, profesor titular de Historia Moderna da UB -Ramón Varela Punhal, investigador e docente-Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor titular de Historia Contemporánea USC -Carlos Velasco Souto, profesor titular de Historia Contemporánea da UdC.